martes, 25 de septiembre de 2012

Auga e a súa imporancia na vida


Por que a auga é un bo regulador da temperatura?

Por que a savia sube ata o alto dunha árbore en contra da gravidade? é que as plantas teñen un motor impulsor a modo de corazón nas raices?

8 comentarios:

  1. Que la savia ascienda hasta la copa de los árboles más altos, se debe a la propiedad de la capilaridad de los elementos líquidos. Por ello, al ser los vasos capilares muy finos, la capilaridad será más elevada, de forma que la sabia pueda recorrer todo el vaso hasta su destino.

    La capilaridad es una propiedad de los fluidos que depende de su tensión superficial la cual, a su vez, depende de la cohesión del líquido y que le confiere la capacidad de subir o bajar por un tubo capilar.
    Mauro RF 1º Bachiller C
    Fuentes: http://es.wikipedia.org/wiki/Capilaridad
    http://centros5.pntic.mec.es/ies.victoria.kent/Rincon-C/pregunta/p-24.htm

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mauro, la capilaridad es una de las razones que colaboran pero hay más... espero en que clases las aclaremos.

      Eliminar
  2. A auga é un bo regulador de temperatura, por exemplo, para o corpo. Cando unha persoa fai exercicio físico, o corpo consume enerxía e eleva a temperatura corporal. Enton, cando tomamos auga tendo unha temperatura corporal elevada, ésta, entra en contacto co organismo abrindo os poros da pel e eliminando ese exceso de calor en forma de suor. Tamén,a auga pode absorber grandes cantidades de calor os cales son utilizados para romper as pondes de hidróxeno polo que a temperatura elévase lentamente. Despois, volve baixar, eliminada polo suor, e recupera a temperatura normal.
    Andrea ND 1º Bachiller C

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Andrea tienes un poco de lio. Procuraremos que tus ideas se aclaren y próximamente y en este mismo lugar lo expliques mejor.

      Eliminar
    2. Pra explicar o movemento da auga dende as raíces dunha árbore, se mal non lembro tamén ten que ver por suposto a capilaridade, que non é máis que unha presión exercida por unha columna de auga en sentido inverso a forza da gravidade polos vasos da planta que é posible pola elevada cohesión destas moléculas grazas aos enlaces ou pontes de hidróxeno, algo que si que se ve no tema da auga de primeiro.
      Sen embargo no apartado de sales minerais aparece a presión osmótica: este proceso é posible grazas a que as células teñen unha membrana semipermeable que permite o paso selectivo de moléculas por ela, unha destas moléculas é a auga, entón en cada un dos lados da membrana da célula( medio intracelular e medio extracelular) existe unha diferencia de concentración en sales minerais, unha parte está máis concentrada(hipertónica) e outra máis diluída( hipotónica),pero debido a as diferenzas de presión que provocan tendese á isotonían que é o regulamento de maneira equitativa da concentración salina, así o medio hipotónico cederá auga ao hipertónico, chegando a unha igualdade de concentración e equiparándose as presións relativas entre ambos. No caso das plantas o sistema é o mesmo que ans células pero a unha escala moito maior, a alta concentración en sales de determinados puntos da lugar a un ascenso de auga por ósmose rápidamente pola planta. Como curiosidade hai plantas de biotopos tipo deserto como en dunas( de características polo menos similares) onde a auga é moi complicada sintetizan líquidos con elevadas concentracións en sales na célula enganando así dalgún xeito ao medio favorecendo moitísimo a captación de auga.
      A explicación completa creo que era así, se me liei un pouco ou hai demasiada información inútil ou repetida sintóo.
      Fer Rebelo 2ºA

      Eliminar
    3. Fer, está moi ben explicado, pero non cres que faltaría algo que tirara desde enriba?

      Eliminar
  3. O transporte de zume bruto é ascendente, e para lograr que o zume chegue ata o máis alto das follas colaboran varios mecanismos:
    -Presión radicular (presión que exercerá a auga desde o chan ata o interior da raíz por efecto da osmose).
    -A forza de cohesión entre as moléculas de auga (ascenso por capilaridade).
    -Transpiración, sobre todo coa achega enerxética do sol que produce un efecto de succión, perdendo así auga (pólos estomas) e facendo que o zume suba polo interior do talo.

    O transporte de zume elaborado é tanto ascendente como descendente. O zume sofre un transporte polos vasos liberianos que corren paralelos e asociados ós vasos leñosos (por onde circula o zume bruto) en todo o percorrido no que se van repartindo os nutrientes ás células. Neste caso o zume leva unha dirección dende zonas de produción (follas) ata todas as células da planta, mesmo ata ás raices porque as súas células non poden facer a fotosintese.

    ALBA GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ
    2ºA

    ResponderEliminar
  4. Si sintoo non me lembrei da transpiración que ten lugar nas zonas altas da árbore. Este é o terceiro punto que puxo Alba no seu comentario da transpìración, este proceso é debido a esas pontes de hidróxeno, os estomas son unha estrutura formada por dúas células que se atopan no envés da folla das plantas polos que elimina entre outras cousas auga por efecto da radiación solar, que fai que aumente a temperatura e a auga saia en forma de vapor polo burato do estoma, a medida que esta auga vai saíndo a unión da ponte de hidróxeno fai que as moléculas de auga ''tiren'' unhas das outras. Sen este mecanismo árbores grandes como secuoias ou algunahs especies coma os ficus tropicais, que viven en zonas de selva nas que é imprescindible acadar grandes alturas para captar a luz solar que chega tan mal aos chan estas non serían capàces de facer chegar os seus fluídos ata as partes da copa xa que son árbores que superan con creces os trinta metros de altura.
    FER REBELO 2ºA

    ResponderEliminar