martes, 26 de noviembre de 2013

ADN E ARN na célula


Quen se anima a comentar o que se ve no vídeo anterior?

4 comentarios:

  1. No vídeo vése, os filamentos de cromosoma da celúla, que poden estar libres polo nucleoplasma ou en estructura de 100 amstrong ou collar de perlas, ou en estructura de 300 amostrong ou soleinoide.
    O adn está formando por bases nitroxenadas que son: A timina (específica), Adenina, Guanina e Citosina. E para reproducirse a célula, necesítase que o Adn se autoduplique.O autoduplicarse as dúas cadeas que forman o Adn, abrénse e formánse dúas cadeas complementarias as antigas. Cando está o Adn, o Arn mensaxeiro encárgase da transcrición, que é a síntesis do Arn, formando unha cadea de Arn. Cada tres nucléotidos forman un codón, e cada codón correspondése a un aminoácido, e esa función chámase traducción e encárgase de facela o Arn trasnferente. O codón que empeza a secuencia é o Aug e acaba cun codón stop.
    A secuencia de aminoácidos é unha información que contén o Adn, e forma parte da información xénetica que nos trasmite os nosos pais.
    Carolina Noguerol Prado, 1º Bach. C

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben, esta é a forma de facer propios os coñecementos. Alégrome de que te animes a comentar!!

      Eliminar
  2. O video anterior móstranos os seguintes temas:
    - A autoduplicación do ADN: Neste proceso, a dobre hélice rompe as pontes de hidróxeno que unen as bases nitroxenadas (adenina, citosina, guanina e timina); Este proceso é levado a cabo por unha enzima propia do ADN que é a Helicasa. Como resultado obtemos dúas cadeas de nucleótidos de ADN, entón, a Polimerasa (outra encima específica do ADN) fai unha copia exacta de cada cadea e sintetiza outra complementaria a estas. Ao final deste proceso, temos dúas cadeas iguais de ADN.
    Andrea N.D. 1ºBACH C
    - Trascripción dun xen: Tamén chamada síntese de ARNm. Neste proceso, a enzima ARN-polimerasa desplázase por unha das cadeas do ADN (xa separadas), seguindo a complementariedade das bases (ADN  3’…….5’; ARNm  5’…….3’). Cando se copiou por completo, a cadea de ARNm sae do núcleo ó citoplasma para poder chegar ós ribosomas e poder ser traducido.
    - Traducción: Tamén chamada síntese de proteínas. Neste porceso, o ARNm é o que leva a información para determinar a orde no que se unirán os aminoácidos. Esta información está codificada en forma de tripletes, cada tres bases constitúen un codón que determina un aminoácido. A síntese ten lugar nos ribosomas do citoplasma. Os aminoácidos son transportados polo ARNt (de transferencia; específico para cada un de eles) e son levados ata o ARNm, onde se aparean o codón de éste e o anticodón do ARNt por complementariedade das bases. Desta forma, sitúanse na posición que lles corresponde. Una vez finalizada a síntese dunha proteína, o ARNm queda libre e pode ser leído de novo e a proteína diríxese cara onde se precise.

    ResponderEliminar