sábado, 29 de septiembre de 2012
Explicando o ciclo da auga con humor
Como é fin de semana, vou deixarvos un post un pouco máis ludico sobre a auga. Espero que vos resulte divertido.
viernes, 28 de septiembre de 2012
Proposta de traballo
Procedemento:
Visualizar o vídeo do seguinte link
http://www.youtube.com/watch?v=s0rA5ZBtkx4
Realiza un vídeo comprobando a experiencia do vídeo anterior, explicando o fundamento científico do que ocorre. Relaciona o experimento realizado con algunha das funcións da auga nos seres vivos.
Realiza un vídeo comprobando a experiencia do vídeo anterior, explicando o fundamento científico do que ocorre. Relaciona o experimento realizado con algunha das funcións da auga nos seres vivos.
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.
Por que se disolve o sal na auga?
Queres saber o que ocorre cando se disolve sal en auga? preme aqui.
Con que función nos seres vivos está relacionada esta propiedade da auga?
Repasade as propiedades da auga vendo esta animación e no siguiente vídeo, no idioma da ciencia, o inglés.
Con que función nos seres vivos está relacionada esta propiedade da auga?
jueves, 27 de septiembre de 2012
A pel da auga, a tensión superficial
Érika, unha alumna miña do Máster para profesores de Secundaria, fixo o seguinte vídeo para explicar a tensión superficial da auga. Que vos parece o seu traballo?, serviu para que entendérades mellor está propiedades física?.
miércoles, 26 de septiembre de 2012
Proposta de traballo: Pode un globo ser resistente ao lume?
Realización dun vídeo coa seguinte experiencia.
Materiais: Dous globos, auga e chisqueiro ou mistos
Procedemento:
- Inchar un globo. Achegar o chisqueiro acendido á parte inferior do globo inchado Que sucede?
- Introducir no interior do outro globo auga. Achegar o chisqueiro acendido na parte inferior do globo con auga Que sucede?
Explicación científica do que ocorre.
Relacionar o experimento realizado con algunha das funcións da auga nos seres vivos.
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.
Por que o xeo flota na auga?
Andrea hoxe en clase fixo unha pregunta, o seguinte vídeo creo que pode aclarar a súa dúbida, é así?
martes, 25 de septiembre de 2012
Auga e a súa imporancia na vida
Por que a auga é un bo regulador da temperatura?
Por que a savia sube ata o alto dunha árbore en contra da gravidade? é que as plantas teñen un motor impulsor a modo de corazón nas raices?
jueves, 20 de septiembre de 2012
lunes, 17 de septiembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)