Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 4. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de enero de 2014

jueves, 27 de diciembre de 2012

Investigadores da U Vigo


Investigadores da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unidade de Servizos Ambientais do Parque Nacional Alejandro de Humboldt, de Cuba, acharon  dúas novas especies de orquideas, Tetramicra riparia e Encyclia navarroi, na zona oriental e occidental da illa respectivamente. 
Ler a noticia enteira aquí

Que representa o primeiro nome? e o segundo? Poderíamos dicir que os investigadores traballan na Sistemática?

sábado, 22 de diciembre de 2012

Modificación da distribución dos vertebrados feita por Wallace

Científicos europeos e estadounidenses, entre os que se atopa Miguel Araújo do CSIC, trazaron unha nova distribución do mundo natural que mostra como están diseminados os grupos de vertebrados máis importantes.

A nova distribución, que actualiza a anterior realizada por Alfred R. Wallace, contén información fundamental sobre a diversidade da vida no noso planeta e será de gran importancia para a investigación da biodiversidade no futuro.

Wallace dividira o mundo en seis rexións e 24 subregiones. El só tiña acceso a unha cantidade limitada de información sobre a distribución das familias ampliamente definidas dos vertebrados, mentres que na actualidade os científicos teñen acceso a datos sobre a distribución de máis de 20.000 especies. Ler máis aquí

Que sabedes de Alfred R. Wallace? En que época vivíu? Que relación tivo con Darwin? Como logrou obter a información sobre a distribución dos animais polo mundo?