sábado, 22 de diciembre de 2012

Modificación da distribución dos vertebrados feita por Wallace

Científicos europeos e estadounidenses, entre os que se atopa Miguel Araújo do CSIC, trazaron unha nova distribución do mundo natural que mostra como están diseminados os grupos de vertebrados máis importantes.

A nova distribución, que actualiza a anterior realizada por Alfred R. Wallace, contén información fundamental sobre a diversidade da vida no noso planeta e será de gran importancia para a investigación da biodiversidade no futuro.

Wallace dividira o mundo en seis rexións e 24 subregiones. El só tiña acceso a unha cantidade limitada de información sobre a distribución das familias ampliamente definidas dos vertebrados, mentres que na actualidade os científicos teñen acceso a datos sobre a distribución de máis de 20.000 especies. Ler máis aquí

Que sabedes de Alfred R. Wallace? En que época vivíu? Que relación tivo con Darwin? Como logrou obter a información sobre a distribución dos animais polo mundo?

1 comentario:

  1. Alfred Russel Wallace (1823- 1913) foi un bioxeógrafo británico coñecido por crear, de forma independente, unha teoría da evolución por medio da selección natural.
    Wallace, ó igual que Darwin, estaba convencido e apoiaba a teoría da evolución. Porén, embarcouse nunha viaxe similar á que fixo Darwin, o redor do mundo (viaxe que durou 5 anos), para verificar ó que estaba a apoiar e así, obter información sobre a distribución dos animais polo mundo. Despóis de facer a viaxe e anotar ideas sobre todo o que viu, Wallace deullas a conocer a Darwin para comparalas. Darwin usou as súas ideas máis as que tiña propias para elaborar unha hipótese final e escribiu o famoso libro “A orixe das especies”. Polo tanto, Wallace é o co-autor de dita obra (xa que as súas ideas están plasmadas no libro) e da Teoría da Selección Natural.
    Andrea N.D. 1ºBACH C

    ResponderEliminar