Científicos europeos e estadounidenses, entre os que se atopa Miguel Araújo do CSIC, trazaron unha nova distribución do mundo natural que mostra como están diseminados os grupos de vertebrados máis importantes.
A nova distribución, que actualiza a anterior realizada por Alfred R. Wallace, contén información fundamental sobre a diversidade da vida no noso planeta e será de gran importancia para a investigación da biodiversidade no futuro.
Wallace dividira o mundo en seis rexións e 24 subregiones. El só tiña acceso a unha cantidade limitada de información sobre a distribución das familias ampliamente definidas dos vertebrados, mentres que na actualidade os científicos teñen acceso a datos sobre a distribución de máis de 20.000 especies. Ler máis
aquí
Que sabedes de Alfred R. Wallace? En que época vivíu? Que relación tivo con Darwin? Como logrou obter a información sobre a distribución dos animais polo mundo?