viernes, 26 de octubre de 2012

Comparación do ADN e unha escaleira de caracol

A continuación tedes unha fotografía dunha escaleira de caracol o que vos pido é que a comparedes dita escaleira co ADN e que indiquedes as medidas coñecidas.


miércoles, 24 de octubre de 2012

Catalasa na cociña



Proposta de traballo
Repite o experimento anterior con outros materiasis biolóxicos, que pasaría se coceramos ditos materiais?.
Realizar un vídeo cos experimentos e o fundamento científicos do que ocorre.

Credes ver todo sobre tatuaxes?


Quen é o que aparece na fotografia da esquerda?




miércoles, 17 de octubre de 2012

Proposta de traballo: O ADN con sabor a fresa ou tomate


Queres ver as cadeas de ADN cos teus propios ollos?

Proba esta sinxela técnica con produtos caseiros.

MATERIAIS:

-Tres fresas (pódese facer con tomate, ver vídeo)
-Auga
-Unha batidora
-Lavavaixelas
-Alcol 96º
- Un filtro de café ou colador
- Dous vasos de cristal
-Unha culleriña

INSTRUCIÓNS:

1. Lava tres fresas e ponas nun recipiente fondo xunto cun pouquiño de auga.

2. Tritúralas usando a batidora.

3. Coloca o filtro de café na boca do vaso.

4. Verte o contido das fresas trituradas e deixa que se filtre durante cinco minutos.

5. Utilizando a culleriña, verte no vaso un pouco de lavavajillas e remove con moito coidado para que non se faga espuma.

6. Espera de cinco a dez minutos.

7. Verte con moito coidado alcol no vaso, evitando que se mesture co resto.
Podes axudarte visualizando o vídeo http://www.youtube.com/watch?v=PkjtFM_UVxk

¡Listo! Poderás ver uns fíos brancos na parte do alcol... ¡é o ADN das fresas! Queres saber máis sobre este tema? Preme aquí

Realización dun vídeo comprobando a experiencia proposta. Explica o fundamento científico do que ocorre.
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.

lunes, 15 de octubre de 2012

Proposta de traballo: proteínas do ovo

Nun comentario nun post anterior Uxía Ferreiro Caneiro 2ºBach escribíu: "Falando de ovos, atopei o seguinte video en internet e gustariame saber porque lle ocorre iso aos ovos, se alguén me pode axudar estaria agradecida.
http://www.youtube.com/watch?v=jJXcP3i1HZU&feature=related

Realización dun vídeo comprobando a experiencia que nos propón Uxía. Explica o fundamento científico do que ocorre. Podedes axudaros dos seguintes enlaces:
- http://www.quimitube.com/desnaturalizacion-de-proteinas-de-la-clara-al-merengue/
- http://tu.tv/videos/friendo-un-huevo-con-alcohol
http://www.techtraining.es/revista/numeros/PDF/2010/revista_5/41.pdf
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.

sábado, 6 de octubre de 2012

miércoles, 3 de octubre de 2012

Uns glícidos moi importantes

Os glícidos son biomóleculas que poden almacenar enerxía (amidón, glicóxeno, sacarosa, lactosa…); proporcionar enerxía ás células (glicosa) e ter función estructural como é o caso da celulosa o a quitina.



Os libros moitas veces olvidan salientar a función duns glícidos “superimportantes”como son as glucoproteínas que se atopan na cara externa da membrana plasmáticas das células. O siguinte vídeo-animación fálanos destas importantes moléculas ás que denomina glicoformas e que nos denominaremos glicoproteínas.



Podrías indicar as funcións biolóxicas das glicoproteínas?

lunes, 1 de octubre de 2012

Proposta de traballo: Experimentando con patacas

Preme no siguinte link http://www.youtube.com/watch?v=i0epq8J_K5k&feature=related.
Realiza un vídeo comprobando a experiencia do vídeo anterior. Explica o fundamento científico de todo o que ocorre.
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.

Proposta de traballo: comportamento dos ovos en medio hipertónico e hipotónico

Procedemento:

Visualizar o vídeo do seguinte link  http://www.youtube.com/watch?v=SSS3EtKAzYc&feature=related; podes axudarte tamén premendo aquí.
Realiza un vídeo comprobando a experiencia do vídeo anterior e explicando o fundamento científico de todo o que ocorre.
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.