miércoles, 17 de octubre de 2012

Proposta de traballo: O ADN con sabor a fresa ou tomate


Queres ver as cadeas de ADN cos teus propios ollos?

Proba esta sinxela técnica con produtos caseiros.

MATERIAIS:

-Tres fresas (pódese facer con tomate, ver vídeo)
-Auga
-Unha batidora
-Lavavaixelas
-Alcol 96º
- Un filtro de café ou colador
- Dous vasos de cristal
-Unha culleriña

INSTRUCIÓNS:

1. Lava tres fresas e ponas nun recipiente fondo xunto cun pouquiño de auga.

2. Tritúralas usando a batidora.

3. Coloca o filtro de café na boca do vaso.

4. Verte o contido das fresas trituradas e deixa que se filtre durante cinco minutos.

5. Utilizando a culleriña, verte no vaso un pouco de lavavajillas e remove con moito coidado para que non se faga espuma.

6. Espera de cinco a dez minutos.

7. Verte con moito coidado alcol no vaso, evitando que se mesture co resto.
Podes axudarte visualizando o vídeo http://www.youtube.com/watch?v=PkjtFM_UVxk

¡Listo! Poderás ver uns fíos brancos na parte do alcol... ¡é o ADN das fresas! Queres saber máis sobre este tema? Preme aquí

Realización dun vídeo comprobando a experiencia proposta. Explica o fundamento científico do que ocorre.
Número de alumnos máximo tres.
Presentación do proxecto de vídeo: quince días logo da súa aceptación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario